A Biblioteca Municipal de Santa Comba foi inaugurada o 12 de outubro de 1988

lunes, 29 de octubre de 2018

AS ESTACIÓNS EN CONTOS CON CELTIA FIGUEIRAS

Os sábados 20 e 27 de outubro tivemos dúas  sesións de contacontos  con Celtia figueiras, onde dunha maneira divertida e amena enseñoulles os nen@s a comprender o ciclo da natureza e sentir as estacións na súa plenitude, percibindo cada pequeno cambio, seguindo as súas etapas e poñendo en valor a sabedoría da natureza, que debemos coidar e respectar.

sábado, 20 de octubre de 2018

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO

O 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas, esos espazos, lugares de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura. Como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana, como algo que cura, que alonxa ao inocente do que agrede, en especial dos mais vulnerables, o que fai dano, sexa ou non imaxinado, sexa ou non real. As bibliotecas reparten refuxio, velan po los libros que habitan nelas para que non morran nin desaparezcan.

Achégate á biblioteca o 24 de outubro e terás un premio.

VEN CELEBRALO CONNOSCO

lunes, 8 de octubre de 2018

Maxia divertida 2.0 co Mago Paco



O pasado sábado día 6 de outubro estivo na BPM de Santa Comba o Mago Paco co seu espectáculo “Maxia divertida 2.0”. Todos os asistentes disfrutaron dunha mañan de contos con maxia, da que quedaron gratamente sorprendidos.